28/10/11
O Samaín
o samaín no IES Torrente Ballester de Pontevedra por chusinita
A gran festa do Primeiro de Novembro, é a máis importante do calendario celta porque daba lugar a grandes reunións de xente e a rituais de gran complexidade. A festa de Samain significa etimoloxicamente "final do verán", e refire ao momento en que deben encerrarse os rabaños dentro das cortes, o cal é indicativo dunha sociedade cuxa economía se acha baseada no pastoreo de animais.
Simbolicamente, a noite de Samain representa a eternidade. É un momento en que o tempo é abolido e o mundo do sidh (etimoloxicamente "paz". É o dominio dos deuses, os heroes e os defuntos, o Outro Mundo celta) ábrese ao mundo dos vivos.
O cristianismo apropiouse desta festa dando lugar á celebración de "Todos los Santos", isto é, a comunidade perfecta entre os vivos e os mortos.
Nos paises de tradición anglosaxona, a celebración de Samain recibe o nome de Halloween e, globalización mediante, esténdese actualmente aínda en países de tradición católica, adquirindo claros matices de festividade popular asociada a unívocos íconos de consumo masivo como cabazas e disfraces varios.
Se queres ler os contos que algúns dos teus compañeiros escribiron non tes máis que clicar no título da entrada e poderás disfrutar da súa lectura
Etiquetas:
Días especiáis
21/10/11
Ímos ao teatro
Onte pola mañá, cos alumnos de 3º de ESO, fomos ao Pazo da Cultura de Pontevedra a ver a representación teatral "Life is a paripé" dirixida por José Luis Prieto, que tamén pon a música xunto a Carlos Mosqueira "Mos".
A peza fíxose con tres premios María Casares. Iolanda Muíños gañouno como mellor actriz protagonista, tamén levou o de mellor música orixinal e mellor espectáculo revelación.
A obra está estruturada en once "sketches" que invitan a reflexionar sobre o que somos e aparentamos ser, todo en clave de humor e parodia.
Resultounos moi entretida, pasámolo moi ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)